Burgo das Nacións Aula Verde Biblioteca Deportes Informática Sociocultura
Deportes | Burgo das Nacións
A Universidade de Santiago de Compostela y El Corte Inglés presentan  a  carreira #We 10 km Are Ready ECI-Universidad de Santiago de Compostela, sexta  proba da II edición do Circuito de Running Universitario El Corte Inglés.Será o próximo 27 de novembro as 11:00   
Contará con premios para os tres primeiros das categorías.
Categorías:
POPULAR
PDI-PAS
UNIVERSITARIOS

Terá un custo de 5 euros.



Servizo de Deportes
Universidade de Santiago





Este sería o horario establecido para a realización das actividades deportivas este curso. Así mesmo, e tal como dixen na charla informativa o pasado mércores, decirvos que estou aberto a todo tipo de suxerencias as cales me podedes comentar cando precisedes.




Luns Martes Mércores Xoves Venres
Ximnasio Running Proxección de eventos deportivos na sala de TV Método jacobson nas “catacumbas”



Da mesma maneira, as actividades dos martes e dos mércores variarán segundo a programación deportiva que se emita en aberto. Da mesma forma, incluso si desexades ver algo os xoves (caso da Europa League por exemplo) tamén o podedes manifestar. Ademais, sendo o caso de emitir 1 evento o martes e outro o mércores, procederase a votación vía facebook da seguinte maneira:
  • Me gusta = Martes
  • Me encanta = Mércores
  • Me divierte =Xoves

As actividades, nun principio, están pensadas para comezar a ser impartidas a partir das 21:00 horas. Agás no caso dos encontros deportivos na sala de TV, pois o devandito horario eiquí será acorde ao do comezo dos mesmos, sempre con previo aviso.

Así pois, comezando polo luns, decirvos que estarei aló a partir das 21:00 horas onde vos comentarei un pouco como están as instalacións e onde me poderedes comentar algúns dos obxectivos ou exercicios que queredes realizar, rutinas de entrenamento, etc. Por outra banda, os martes, espérovos en recepción (nos sofás da porta principal da devandita residencia), tamén as 21:00 horas. Xa, os xoves, agárdovos nas catacumbas (piso-1) ás 21:00 horas onde vos comentarei como vai ser a devandita actividade.

PD: traede roupa cómoda e calzado deportivo.
Vías de contacto:
Instagram - @burgodasnacions
Correo electrónico - deportesburgo@gmail.com
Habitación - 2123

Un saúdo e grazas.

Compartillade ;)



APERTURA DO PRAZO DE PREINSCRICIÓN PARA A VIII EDICION DO VERÁN CAMPUSC 

Un ano máis, a Fundación USC Deportiva a organiza o Verán CampUSC; un campamento urbano deportivo dirixido a nenos e nenas de 3 a 13 anos de idade que posibilitará a conciliación entre a vida laboral e familiar durante o periodo de vacacións escolares.

O Verán CampUSC 2016 servirá como espazo de iniciación a unha grande cantidade de actividades de ocio e tempo libre, xogos e deportes, atendendo ás idades e desenvolvemento psíquico-físico dos nenos e nenas. Desenvolverase preferentemente no Campus Sur.

O programa divídese en cinco quendas entre o 23 de xuño e o 9 de setembro (agás agosto). O horario será de 08:45-14:45 horas e un número máximo de 100 prazas por quenda.

O prazo de preinscrición xa está aberto e rematará o mércores 11 de maio. Pódese realizar a preinscrición e consultarme máis información se estades interesados.



Un saúdo cordial, o bolseiro de deportes.

A Fundación USC Deportiva organiza entre o 31 de maio e o 19 de xuño en Santiago de Compostela unhas Xornadas de Iniciación ao Sendeirismo e Baixa Montaña.

Os alumnos e alumnas participantes nestas xornadas adquirirán coñecementos sobre os materiais máis adecuados, técnicas de progresión, cartografía, orientación e, en xeral, aprenderán a planificar con seguridade as súas saídas.

Estas xornadas están divididas en catro bloques e as persoas interesadas poden inscribirse en cada un de forma individual ou en todos. Estes bloques son: Introdución; materiais e conceptos teóricos (6 horas), técnicas de progresión (3 horas), cartografía e orientación (8 horas), e O Pindo: xornada práctica (8 horas).
O curso estará impartido por Víctor Fidalgo, técnico en Conducción de Actividades Físico-Deportivas no Medio Natural e guía das actividades de sendeirismo organizadas pola USC.


PD: para máis información podedes formular as vosas preguntas no seguinte correo: deportesburgo@gmail.com


Próximos eventos: I Curso de Iniciación ao Running e Técnica de Carreira en Lugo (Lugo, do 9 ao 27 de maio)



Un saúdo.



Hoxe non vai ser posible levar  a cabo a sesión de relaxación. 
Disculpade as molestias, grazas :)
TORNEO INTERRESIDENCIAL 2016

Boas!

Avecíñase xa o torneo interresidenial de futsal que dará comezo a seguinte semana, pois o martes 16 de febreiro terá lugar o primeiro encontro, polo que necesito que o luns pola noite ou o martes pola mañá como moi tarde confirmedes a vosa participación. Os partidos vanse xogar pola noite no pavillón da USC.

Aqueles interesados non dubidedes en apuntarvos xa canto antes ao equipo que vai a representar ao Burgo das Nacións en esta nova edición do campionato. Así pois, podedes mandarme os vosos datos (nome, apelidos e DNI) ao seguinte enderezo: deportesburgo@gmail.com




Boas!

A Fundación USC Deportiva organizará os vindeiros sábados 5 e 12 de marzo en Santiago de Compostela un Curso de Iniciación ao Tai Chi e o Chi Kung.

O curso estará impartido por Carlos Fernández Álvarez, profesor de tai chi, kung fu e mestre en diversas artes marciais.

O prezo do curso é de 45 € e as prazas son limitadas (máximo 15 participantes) polo que se recomenda realizar a reserva de praza o antes posible xa que se respectará rigorosamente a orde de inscrición.

O curso desenvolverase de 10:00 a 14:00 e de 15:30 a 17:30 horas  na Residencia Universitaria Monte da Condesa (Campus Vida).