Burgo das Nacións Aula Verde Biblioteca Deportes Informática Sociocultura
Deportes | Burgo das Nacións: Servizo de préstamo de bicicletas

Servizo de préstamo de bicicletas

Están á túa disposición na residencia bicicletas que podes utilizar cando queiras viaxar a algún sitio. Só tes que pedir unha en recepción e alí daranche a chave do candado dunha delas e anotarte nunha lista.

Cando regreses debes deixala no mesmo lugar e entregar o candado de novo en recepción. Se se che avaría durante o uso ou ves que algunha bicicleta necesita unha posta a punto non tes máis que enviar un correo á dirección deportes@burgodasnacions.com informado do suceso para poder arranxalo canto antes.

NORMAS DE UTILIZACIÓN DAS BICICLETAS
  • Tódolos residentes poderán facer uso das bicicletas durante medio día.
  • Para dispor dela durante todo o día deberedes facer unha petición por escrito con anterioridade.
  • Ás 22:00 horas tódalas bicicletas deben estar na residencia.
  • Horario
    • Mañá: de 8:00 a 15:00 horas
    • Tarde: de 15:00 a 22:00 horas