Burgo das Nacións Aula Verde Biblioteca Deportes Informática Sociocultura
Deportes | Burgo das Nacións: Curso de "Deporte e saúde"

Curso de "Deporte e saúde"

CURSO GRATUÍTO "DEPORTE E SAÚDE"

Curso teórico-práctico dirixido a todas as persoas independentemente da súa formación ou carreira. As sesións, repartidas durante todo o curso, terán unha duración aproximada de 1 hora. 

Apúntate enviando un correo á dirección deportes@burgodasnacions.com indicando o teu nome completo.

Lugar: sala de TV/Cine da residencia
Data: marzo e abril. Avisarásevos por correo-e dos días.
Hora: 20:00 horas


As charlas valerán como sesión clínica para os estudantes de Licenciatura en Medicina. Os doutores firmarán ó rematar a sesión.


Os temas a abordar serán:
  • O corpo e o deporte. Que ocorre cando practicamos exercicio? por Aitor Abuín, estudante de 6º de medicina. 
    • O sistema cardiorespiratorio. Que é e cal é a sua función. Buscar o pulso. Medir a frecuencia cardíaca. A tensión arterial. Medir a frecuencia respiratoria. Variacións no deportista.
    • O sistema musculoesquelético. Que é e cal é a súa función. A contracción muscular. As palancas osteomusculares. A disposición e resistencia ósea.
    • O sistema neuroendocrino. Que é e cal é a súa función. SNC e SNP. O cerebelo e a coordinación das accións no deportista. As endorfinas. O control da glicemia e dos metabolitos.
  • Adestramento físico polo Dr. Capelo Míguez. 
    • Tipos de adestramento aeróbico e anaeróbico. 
    • Adaptación do corpo ó exercicio crónico. 
    • As capacidades físicas. 
    • Adestramento da forza: a musculación. 
    • Adestramento da resistencia: a capacidade cardiorespiratoria. 
    • Adrestramento da flexibilidade: o estiramento. 
    • Adestramento da velocidade: a coordinacion motora.
  • Nutrición saudable. A clave para un adelgazamento san polo Dr. Rey Tasende. 
    • O sedentarismo e a súa repercusión nos sistemas. 
    • O sobrepeso e a obesidade. 
    • Importancia do exercicio físico na balanza aporte-consumo enerxético. 
    • Requerimentos nutricionais no deportista. 
    • Adelgazamento saudable.
  • Lesións deportivas. Como evitalas? Polo Dr. Capelo Míguez. 
    • Conceptos de fractura, esguince e luxación. 
    • Roturas e sobrecargas musculares. 
    • Maniotas. 
    • Principais lesións nos principais deportes. 
    • Rehabilitación e recuperación do tono e da forza muscular.
  • Deportes extremos e a súa repercusión na saúde. polo Dr. Rey Tasende. 
    • Adapación á altitude. 
    • Os deportes de inmersión e o risco da descompresión. 
    • As temperaturas extremas: golpe de calor, insolación e conxelación.