Burgo das Nacións Aula Verde Biblioteca Deportes Informática Sociocultura
Deportes | Burgo das Nacións: Torneo de póker

Torneo de póker

LUGAR: A elección polos participantes

DATAS: 
  • Oferta dende o 1 ó 18 de decembro. 
  • Realización dende o 19 de decembro ata o 13 de xaneiro.
NORMATIVA:
  • De haber máis de 5 participantes faranse grupos máis pequenos por sorteo e realizarase o torneo por eliminatorias.
  • A modalidade de xogo é a Texas Hold´em.
  • Gaña o participante que logre deixarlle a 0 a conta ós seus rivais.
    • Pre-flop: O xogo comeza repartindo 2 cartas a cada xogador. Logo faise unha rolda de apostas en sentido horario a partir do croupier ata que se igualen. Logo colócanse 5 cartas boca abaixo no centro da mesa.
    • Flop: descóbrense 3 cartas das 5 centrais e realízase unha rolda de apostas.
    • Turn: descóbrese a 4ª carta e realízase outra rolda de apostas.
    • River: descóbrese a 5ª carta e realízase a última rolda de apostas. Ó igualárense, mostraranse as cartas.
  • Gaña quen teña a mellor xogada. Se só hai un apostante levará o bote e non está obrigado a ensinar as súas cartas.
  • As xogadas son por orde as seguintes:
    1. Escaleira real. 
    2. Escaleira de cor.
    3. Póker.
    4. Full.
    5. Cor.
    6. Escaleira.
    7. Trío.
    8. Dobre parella.
    9. Parella. 
    10. Carta alta.

GAÑADOR: 

Francisco Asier
Noraboa!