Ola a todos.
A mala sorte cebouse con nós e non foi posible pór en marcha os cursos de aerobic e de ioga. Pero como hai tanta xente interesada nos cursos temos que esgotar tódalas posibilidades.
Buscamos, entre os residentes, alguén con coñecementos sobre estas dúas disciplinas que poida e queira impartir os cursos. Se ti es unha delas non dubides en porte en contacto con nós e falamos do asunto.
Animádevos a participar!