Burgo das Nacións Aula Verde Biblioteca Deportes Informática Sociocultura
Deportes | Burgo das Nacións: Concurso "Pinta a mona"

Concurso "Pinta a mona"


Durante este periodo de exames ábrese o prazo para participar no concurso "pinta a mona".

Os participantes enviarán unha foto, montaxe ou debuxo con tema deportivo. O tema das
imaxes é variado, é dicir, poderá ser un chiste, un collage, unha montaxe con PhotoShop ou simplemente unha foto deles mesmos practicando algún deporte.
Será cualificada polos residentes a través da plataforma Facebook. Gañará a imaxe que máis votos consiga. Trátase dun concurso onde se premia a calidade, orixinalidade pero sobre todo o humor.

Enviade as fotos a deportes@burgodasnacions.com.