Burgo das Nacións Aula Verde Biblioteca Deportes Informática Sociocultura
Deportes | Burgo das Nacións: Torneos internos de 2º cuadrimestre

Torneos internos de 2º cuadrimestre


Para este segundo cuadrimestre ofertamos unha serie de torneos deportivos para equipos internos da residencia. Se queres participar reune o teu equipo e envíanos os nomes dos integrantes ó correo deportes@burgodasnacions.com. Os torneos son:

  • TORNEO DE FÚTBOL SALA 
    • Os equipos estarán formados por 5 xogadores (mínimo) 
    • O torneo seguirá un esquema de eliminatorias ata definir un gañador.
    • Os partidos terán dúas partes con unha duración de 10 min por parte. Haberá 5 min de descanso na metade. 
    • En caso de empate haberá dous períodos de prórroga de 5 min cada un.
    • En caso de novo empate haberá rolda de 5 penaltis.
    • Xogarase na cancha de fútbol sala do parque Fermín Bouza Brey
  • TORNEO DE BALONCESTO 
    • Os equipos estarán formados por 5 xogadores (mínimo) 
    • O torneo seguirá un esquema de eliminatorias ata definir un gañador. 
    • Os partidos terán dúas partes con unha duración de 10 min por parte. Haberá 5 min de descanso na metade. 
    • En caso de empate haberá dous períodos de prórroga de 5 min cada un. 
    • Haberá tiros libres cando un equipo cometa 5 faltas persoais.
    • Xogarase nas canchas de baloncesto en frente da facultade de Económicas
  • TORNEO DE VOLEA 
    • Os equipos estarán formados por 6 xogadores (mínimo) 
    • O torneo seguirá un esquema de eliminatorias ata definir un gañador
    • Os partidos xogaranse a 3 sets de 25 puntos cada un. Gáñase cada set por diferenza de 2 puntos. Gaña o partido o primeiro equipo que chegue ós 3 sets.
  • TORNEO DE BÁDMINTON
    • O torneo seguirá un esquema de eliminatorias ata definir un gañador. 
    • Os partidos realizaranse a 3 sets de 21 puntos cada un. 
    • Gáñase cada set por diferenza de 2 puntos.