Burgo das Nacións Aula Verde Biblioteca Deportes Informática Sociocultura
Deportes | Burgo das Nacións: Gincana de xogos populares

Gincana de xogos populares

Para os que vos gustan os xogos tradicionais velaquí unha competición para demostrar
quen manda.

A competición incluirá as seguintes disciplinas:
  1. Carreira de sacos
  2. Pulsos
  3. Tira-soga
  4. Petanca
O gañador será o que logre conseguir o maior número de puntos. Cada unha destas
probas puntuarase do seguinte xeito:
  1. 10 puntos
  2. 8 puntos
  3. 6 puntos
  4. 4 puntos
  5. 2 puntos
As probas realizaranse no patio do burgo e nos xardíns arredores cando mellore o tempo.

Apúntate, coma sempre, enviando un correo a deportes@burgodasnacions.com