Burgo das Nacións Aula Verde Biblioteca Deportes Informática Sociocultura
Deportes | Burgo das Nacións: Tríatlon de habilidade

Tríatlon de habilidade


A través de varias probas (fútbol, baloncesto e bicicleta) os participantes demostrarán a súa habilidade na práctica deportiva. O concurso celebrarase no patio do burgo e nas canchas dos arredores da residencia. Incluirá as seguintes probas:
  1. Toques de balón: gaña o participante que máis tempo logre estar dando toques cun balón de fútbol sala. 
  2. Tiro de falta con barreira: gaña o participante que marque o maior número de goles sen derribar a barreira dun total de 10 tiros.. O disparo efectuarase dende tres posicións distintas. 
  3. Proba de tiro libre: gaña o participante que logre encestar máis veces dun total de 10 tiros. 
  4. Proba de triplos: gaña o participante que logre marcar máis triplos dun total de 10 tiros. 
  5. Proba de wheelie (caballito): gaña o participante que mais distancia recorra sobre unha roda 
  6. Proba de equilibrio: gaña o participante que logre permanecer máis tempo de pé na bicicleta dentro dun círculo de 2m de diámetro sen saír. 
  7. Circuíto de control: gaña o participante que complete o circuíto no menor tempo posible.
O gañador será o que logre conseguir o maior número de puntos. Cada unha destas
probas puntuarase do seguinte xeito:
  1. 10 puntos
  2. 8 puntos
  3. 6 puntos
  4. 4 puntos
  5. 2 puntos