Burgo das Nacións Aula Verde Biblioteca Deportes Informática Sociocultura
Deportes | Burgo das Nacións: Ruta en bicicleta

Ruta en bicicleta


Coa chegada do bo tempo queremos ofrecervos unha actividade ó aire libre para gozar da natureza.  


Dende o Burgo iniciaremos unha andaina en bicicleta polos arredores de Santiago a través da ruta do río Sarela. Trátase dun circuito por terra e por asfalto á beira do río con múltiples percorridos. Faremos un descanso na metade para refrescarnos, comer un bocadillo e sacarnos unha foto. 


Será durante a semana do 28 de maio cando a climatoloxía sea favorable. Apúntate enviando un correo-e á dirección de deportes. 


Anímate a participar! 
Na seguinte imaxe detállase o percorrido: