Burgo das Nacións Aula Verde Biblioteca Deportes Informática Sociocultura
Deportes | Burgo das Nacións: CURSO BÁSICO DE MANEXO DE GPS (6 de abril)

CURSO BÁSICO DE MANEXO DE GPS (6 de abril)


A Fundación USC Deportiva ven de convocar un Curso Básico de Manexo de GPS que terá lugar o día 6 de abril.

Dividirase nunha parte teórica, unha proba de campo e unha última parte interactiva na aula onde se analizarán os datos obtidos na proba de campo.
O curso ten un custo de 35 € e unha duración total de 9 horas. Hai 14 prazas que se irán cubrindo por rigorosa orde de inscrición.
O curso estará impartido por Javier Aradas Mariñas, Técnico de Sendeiros da Federación Española de Montaña e Escalada.
Trataranse, entre outros temas, os fundamentos básicos do sistema GPS, os tipos e características dos receptores, os diferentes datos que se poden recoller, a cartografía utilizada, os distintintos tipos de software e diversas aplicacións que pode ter sistema.

Pódese consultar toda a información e facer a inscrición na web da Fundación USC Deportivawww.fundacionuscdeportiva.org