Burgo das Nacións Aula Verde Biblioteca Deportes Informática Sociocultura
Deportes | Burgo das Nacións: CURSO DE INICIACIÓN Á MEDITACIÓN E O MOVEMENTO (20 de abril)

CURSO DE INICIACIÓN Á MEDITACIÓN E O MOVEMENTO (20 de abril)


A Fundación USC Deportiva ven de convocar un Curso de Iniciación á Meditación e o Movemento que terá lugar o día 20 de abril.

O curso ten un custo de 20 € e unha duración total de 6 horasHai 15 prazas que se irán cubrindo por rigorosa orde de inscrición.
O curso estará impartido por Amancio Rial Bouza, profesor de Tai Chi, Kung Fu, danza e meditación da Fundación USC Deportiva.
Algúns dos contidos que se tratarán serán distintas técnicas de respiración, meditación sentada e de pé, exercicios de coordinación e sensitivos, control da postura corporal, visión oriental da enerxía e a saúde, técnicas de soños guiados e iniciación ao Tai Chi-Chi Kung e Asanas de Ioga.

Pódese consultar toda a información e facer a inscrición na web da Fundación USC Deportiva: www.fundacionuscdeportiva.org