Burgo das Nacións Aula Verde Biblioteca Deportes Informática Sociocultura
Deportes | Burgo das Nacións: II CURSO BÁSICO DE MANEXO DE GPS (1 de xuño)

II CURSO BÁSICO DE MANEXO DE GPS (1 de xuño)


A Fundación USC Deportiva organiza o II Curso Básico de Manexo de GPS que terá lugar o día 1 de xuño.
Dividirase nunha parte teórica, unha proba de campo e unha última parte interactiva na aula onde se analizarán os datos obtidos na proba de campo.
O curso ten un custo de 38 € e unha duración total de 10 horas. Hai 10 prazas dispoñiblesque se irán cubrindo por rigorosa orde de inscrición.
O curso estará impartido por Javier Aradas Mariñas, Técnico de Sendeiros da Federación Española de Montaña e Escalada.
Trataranse, entre outros temas, os fundamentos básicos do sistema GPS, os tipos e características dos receptores, os diferentes datos que se poden recoller, a cartografía utilizada, os distintos tipos de software e diversas aplicacións que pode ter o sistema.
Pódese consultar toda a información e facer a inscrición na web da Fundación USC Deportivawww.fundacionuscdeportiva.org.