Burgo das Nacións Aula Verde Biblioteca Deportes Informática Sociocultura
Deportes | Burgo das Nacións: 1º CAMPIONATO DE ATLETISMO EN RUTA UNIVERSIDADE DE SANTIAGO

1º CAMPIONATO DE ATLETISMO EN RUTA UNIVERSIDADE DE SANTIAGO

1º CAMPIONATO DE ATLETISMO EN RUTA UNIVERSIDADE DE SANTIAGO
Xa está aberto o prazo de inscrición para participar no campionato de Atletismo en Ruta da USC que se celebrará o día 22 de xuño.
Desde o 12 de xuño de 2013 ata o 19 do mesmo mes todos os que queiran participar poden facer a inscrición  de modo presencial ou electrónico.
Esta carreira vaise desenvolver conxuntamente coa proba do CorreSan  do Campus Norte.
Con saída e chegada na rúa Xoan XXIII terá un percorrido de 5895 metros, dos que boa parte decorrerán no entorno do Auditorio de Galicia e o Burgo das Nacións.
Hai dúas categorías: masculina e feminina.
Información completa e inscricións en:

Servizo de Deportes
Piscina Universitaria
Avda. das Burgas s/n
Campus Vida
15782 Santiago de Compostela
Teléfonos: 881815071 / 15072 / 15073
Fax: 881 815 112
Correo electrónico: 
deporsec@usc.es