Burgo das Nacións Aula Verde Biblioteca Deportes Informática Sociocultura
Deportes | Burgo das Nacións: Programa “Camiño ao Gaiás” (roteiro)

Programa “Camiño ao Gaiás” (roteiro)

A Fundación USC Deportiva, por terceiro ano consecutivo, organiza o programa “Camiño ao Gaiás” que consiste nun roteiro desde o casco histórico de Santiago de Compostela ata a Cidade da Cultura.
Esta actividade desenvolverase durante os meses de xullo, agosto e setembro todos os mércores de cada semana. Para poder participar só tes que inscribirte a través da páxina web www.fundacionuscdeportiva.org ouwww.cidadedacultura.org
Nesta edición, como novidade, os participantes na actividade poderán visitar ao chegar a Cidade da Cultura a exposición Orinoco. Viaxe a un mundo perdido que foi aberta ao público hai poucos días.
Igual que en edicións anteriores o programa será gratuíto e o único requisito será facer a inscrición formalmente.
Máis información na web da Fundación USC Deportiva ou no teléfono 881.975.399.