Burgo das Nacións Aula Verde Biblioteca Deportes Informática Sociocultura
Deportes | Burgo das Nacións: Actividades para esta semana!

Actividades para esta semana!


Boas! Hoxe ás 21:00 horas, estaremos no ximnasio do Burgo para comezar con algunha actividade onde faremos uso do material da dita sala (sala de musculación). Así mesmo, para aqueles que desexen realizar exercicios de maneira individual e queiran que se lles facilite algunha rutina de exercicios tamén se poden pasar polo ximnasio a partir desa hora (ata as 22:00 aproximadamente)
Do mesmo xeito, inclúense os interesados en realizar actividades orientadas a cardio, xa sexa bicicleta, carreira continua ou fartlek. Pero, de todos xeitos, mañá martes 24 sairemos a correr (se o tempo acompaña) ata a alameda e tamén poderedes preguntarme calqueira dúbida que teñades.
O mércores impartirase a primeira clase de zumba nas catacumbas (tamén a partir das 21:00 horas), e o xoves, terá lugar esa clase de relaxación que vos comentei na charla pasada.
PD: non esquezades mirar os corchos do Burgo por si hai calquera nova de última hora.