Burgo das Nacións Aula Verde Biblioteca Deportes Informática Sociocultura
Deportes | Burgo das Nacións: Xornadas de Iniciación á Autodefensa

Xornadas de Iniciación á Autodefensa


A Fundación USC Deportiva, xunto co Servizo de Deportes da USC organizará os días 23 de xaneiro e 6 de febreiro en Santiago de Compostela unhas Xornadas Teórico-Prácticas de Iniciación á Autodefensa.

O modelo de aprendizaxe proposto tradicionalmente polas artes marciais incide maioritariamente na adquisición e perfeccionamento das habilidades físico-técnicas como solución a una agresión de carácter físico. Sen embargo, presta moi pouca ou ningunha atención á adquisición de habilidades sociais, emocionais e cognitivas, polo que non ofrece solucións a outro tipo de agresións, diferentes ás de carácter físico, e moito máis frecuentes no día a día. Neste curso preténdense analizar os conflictos (non só físicos) cun enfoque máis aberto, construíndo deste xeito una visión máis ampla, completa e actual da Autodefensa. 

O curso, de 35 €, está destinado a calquera persoa interesada maior de 16 anos e terá 8 horas de duración.
A actividade estará imartida por Óscar e Sergio Lafuente López. Ambos contan cunha dilatada traxectoria como adestradores no eido das artes marciais e posúen a titulación de Especialistas en Autodefensa expedida pola Real Federación Española de Karate, tendo ademáis o grao de 4º DAN nesta disciplina.