Burgo das Nacións Aula Verde Biblioteca Deportes Informática Sociocultura
Deportes | Burgo das Nacións
Boas!

A Fundación USC Deportiva organizará os vindeiros sábados 5 e 12 de marzo en Santiago de Compostela un Curso de Iniciación ao Tai Chi e o Chi Kung.

O curso estará impartido por Carlos Fernández Álvarez, profesor de tai chi, kung fu e mestre en diversas artes marciais.

O prezo do curso é de 45 € e as prazas son limitadas (máximo 15 participantes) polo que se recomenda realizar a reserva de praza o antes posible xa que se respectará rigorosamente a orde de inscrición.

O curso desenvolverase de 10:00 a 14:00 e de 15:30 a 17:30 horas  na Residencia Universitaria Monte da Condesa (Campus Vida).