Burgo das Nacións Aula Verde Biblioteca Deportes Informática Sociocultura
Deportes | Burgo das Nacións

A Fundación USC Deportiva organiza entre o 31 de maio e o 19 de xuño en Santiago de Compostela unhas Xornadas de Iniciación ao Sendeirismo e Baixa Montaña.

Os alumnos e alumnas participantes nestas xornadas adquirirán coñecementos sobre os materiais máis adecuados, técnicas de progresión, cartografía, orientación e, en xeral, aprenderán a planificar con seguridade as súas saídas.

Estas xornadas están divididas en catro bloques e as persoas interesadas poden inscribirse en cada un de forma individual ou en todos. Estes bloques son: Introdución; materiais e conceptos teóricos (6 horas), técnicas de progresión (3 horas), cartografía e orientación (8 horas), e O Pindo: xornada práctica (8 horas).
O curso estará impartido por Víctor Fidalgo, técnico en Conducción de Actividades Físico-Deportivas no Medio Natural e guía das actividades de sendeirismo organizadas pola USC.


PD: para máis información podedes formular as vosas preguntas no seguinte correo: deportesburgo@gmail.com


Próximos eventos: I Curso de Iniciación ao Running e Técnica de Carreira en Lugo (Lugo, do 9 ao 27 de maio)



Un saúdo.