Burgo das Nacións Aula Verde Biblioteca Deportes Informática Sociocultura
Deportes | Burgo das Nacións
APERTURA DO PRAZO DE PREINSCRICIÓN PARA A VIII EDICION DO VERÁN CAMPUSC 

Un ano máis, a Fundación USC Deportiva a organiza o Verán CampUSC; un campamento urbano deportivo dirixido a nenos e nenas de 3 a 13 anos de idade que posibilitará a conciliación entre a vida laboral e familiar durante o periodo de vacacións escolares.

O Verán CampUSC 2016 servirá como espazo de iniciación a unha grande cantidade de actividades de ocio e tempo libre, xogos e deportes, atendendo ás idades e desenvolvemento psíquico-físico dos nenos e nenas. Desenvolverase preferentemente no Campus Sur.

O programa divídese en cinco quendas entre o 23 de xuño e o 9 de setembro (agás agosto). O horario será de 08:45-14:45 horas e un número máximo de 100 prazas por quenda.

O prazo de preinscrición xa está aberto e rematará o mércores 11 de maio. Pódese realizar a preinscrición e consultarme máis información se estades interesados.



Un saúdo cordial, o bolseiro de deportes.