Burgo das Nacións Aula Verde Biblioteca Deportes Informática Sociocultura
Deportes | Burgo das Nacións




Este sería o horario establecido para a realización das actividades deportivas este curso. Así mesmo, e tal como dixen na charla informativa o pasado mércores, decirvos que estou aberto a todo tipo de suxerencias as cales me podedes comentar cando precisedes.




Luns Martes Mércores Xoves Venres
Ximnasio Running Proxección de eventos deportivos na sala de TV Método jacobson nas “catacumbas”



Da mesma maneira, as actividades dos martes e dos mércores variarán segundo a programación deportiva que se emita en aberto. Da mesma forma, incluso si desexades ver algo os xoves (caso da Europa League por exemplo) tamén o podedes manifestar. Ademais, sendo o caso de emitir 1 evento o martes e outro o mércores, procederase a votación vía facebook da seguinte maneira:
  • Me gusta = Martes
  • Me encanta = Mércores
  • Me divierte =Xoves

As actividades, nun principio, están pensadas para comezar a ser impartidas a partir das 21:00 horas. Agás no caso dos encontros deportivos na sala de TV, pois o devandito horario eiquí será acorde ao do comezo dos mesmos, sempre con previo aviso.

Así pois, comezando polo luns, decirvos que estarei aló a partir das 21:00 horas onde vos comentarei un pouco como están as instalacións e onde me poderedes comentar algúns dos obxectivos ou exercicios que queredes realizar, rutinas de entrenamento, etc. Por outra banda, os martes, espérovos en recepción (nos sofás da porta principal da devandita residencia), tamén as 21:00 horas. Xa, os xoves, agárdovos nas catacumbas (piso-1) ás 21:00 horas onde vos comentarei como vai ser a devandita actividade.

PD: traede roupa cómoda e calzado deportivo.
Vías de contacto:
Instagram - @burgodasnacions
Correo electrónico - deportesburgo@gmail.com
Habitación - 2123

Un saúdo e grazas.

Compartillade ;)